Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Conexión

FEGADACE busca asesoría para deseñar e implantar un Plan de Transformación Dixital

A Federación está aberta á recepción de propostas de particulares ou empresas ata o 16 de marzo (incluído).

02/03/2022 | Galicia

A Federación Galega de Dano Cerebral abriu unha convocatoria para a recepción de propostas de asesoría para o deseño e implantación dun Plan de Transformación Dixital. O prazo está aberto ata o mércores 16 de marzo.

FEGADACE desenvolve por segundo ano un proxecto denominado Stop Fenda Dixital, destinado á alfabetización tecnolóxica das persoas con dano cerebral e as súas familias, e á dixitalización dos seus procesos de traballo para a mellora da xestión interna da entidade.

No documento de termos de referencia para a contratación do servizo pode consultarse o contexto de alfabetización tecnolóxica e incorporación ás TIC no que se atopa o colectivo do dano cerebral, así como os pasos que se levan realizado desde o movemento asociativo para a redución da fenda dixital.

Igualmente, recolle as actividades requiridas e os produtos a entregar, así como os prazos de execución, e as referencias para o envío das propostas. O prazo finaliza o 16 de marzo ás 23:59 hh.
 
Stop Fenda Dixital é un proxecto financiado pola Consellería de Política Social cos fondos recadados a través do IRPF das persoas que marcan o cadro de fins sociais, é dicir, que deciden destinar a proxectos solidarios o 0,7% dos ingresos recollidos na súa declaración da renda.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)