© FEGADACE | 23/01/2023 | Plan de Igualdade
FEGADACE busca unha consultora para actualizar o seu Plan de Igualdade
O prazo para presentar propostas técnicas e económicas estará aberto ata o 3 de febreiro ás 23:59 horas.
FEGADACE busca unha consultora que revise e actualice o Plan de Igualdade de FEGADACE, elaborado para o período 2018-2020. Con ese obxectivo, publicamos uns termos de referencia que delimitan o servizo solicitado e as necesidades concretas da Federación, así como os prazos e alcance do traballo.
O prazo para presentar propostas técnicas e económicas está aberto e así vai permanecer ata o 3 de febreiro ás 23:59 horas. Estas deberán remitirse por correo electrónico a direccion@fegadace.org, e especificar o CV da entidade e/ou da persoa ou persoas consultoras, así como a metodoloxía de traballo proposta, o plan e cronograma de traballo e o desglose orzamentario.
O obxectivo que persegue FEGADACE é dotar de maior envergadura o seu Plan de Igualdade para promover un cambio organizacional no que a perspectiva de xénero estea plenamente integrada. Búscase ademais obter un diagnóstico de xénero, actualizar o Plan actual e definir os procedementos e ferramentas para a súa implantación.