Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

FEGADACE deséxavos unhas Boas Festas e un 2020 cheo de saúde

Únete ao consumo responsable e colabora coas persoas con DCA regalando cultura ou artesanía.

20/12/2019 | Galicia

Desde a Federación Galega de Dano Cerebral queremos desexarvos a todas e todos unhas Boas Festas e un próspero ano 2020, que agardamos chegue cheo de saúde e de grandes proxectos.

O Nadal é unha época de gran consumo e desde FEGADACE queremos ofrecervos algunhas alternativas para facer agasallos solidarios consumindo de maneira responsable:

Iridium

Esta novela de Francisco Castro conta a historia de Iris, unha rapaza que ten dano cerebral adquirido. Se decides agasallar este libro, ademais de agasallar cultura estás a colaborar coas persoas con DCA, xa que parte do recadado na venda do libro dónase a FEGADACE e á asociación de dano cerebral de Vigo, Alento.

Mercados solidarios

As cinco asociacións galegas de dano cerebral contan con obradoiros de artesanía nos que as persoas usuarias traballan ao longo do ano. En decembro aproveitan para amosar e vender os seus produtos, participando en feiras ou nas propias sedes das entidades. Ponte en contacto con ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela para que che falen do seu catálogo.

Asóciate ou agasalla unha doazón

Outra opción para estas datas é a colaboración coas asociacións facendo socia da mesma á persoas á que queres agasallar. Se desexas máis información sobre o proceso de inscrición en cada unha das entidades, tes máis detalles na seguinte ligazón.

E, se recibiches agasallos en metálico ou non te decides por ningún produto, podes realizar unha doazón. Neste formulario de doazón podes facer comodamente, desde a casa, a túa a achega a FEGADACE.

 

Arquivada en: