Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 08/06/2023 | Captura do vídeo 'Punto e seguido', con Mª Jesús ao fondo, supervisando unha sesión de logopedia

FEGADACE expresa as súas condolencias polo pasamento de Mª Jesús Gómez Vecino

Neuropsicóloga e logopeda en ADACECO, era unha das súas profesionais máis veteranas.

08/06/2023 | A Coruña

FEGADACE quere expresar as súas condolencias á familia de María Jesús Gómez Vecino perante o seu pasamento, así como a todos e todas as súas compañeiras en ADACECO: profesionais, Xunta Directiva e, desde logo, persoas usuarias da asociación coruñesa.

Chus foi neuropsicóloga e logopeda en ADACECO. Incorporouse de maneira temperá ao movemento asociativo do dano cerebral adquirido, tratándose dunha das profesionais máis veteranas da asociación.

Entre outras colaboracións coa Federación, participou no vídeo de FEGADACE Punto e seguido.

O presidente de ADACECO, Juan Luis Delgado, publicou onte un pequeno obituario lembrándoa agarimosamente en La Voz de Galicia.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)