© ADACE Lugo | 23/03/2023 | Cinco persoas de ADACE Lugo preparadas para mergurllarse
ADACE Lugo volve facer mergullo adaptado grazas a 'Al agua sin limitaciones'
Cinco persoas con dano cerebral adquirido realizaron a actividade con diferentes produtos de apoio.
ADACE Lugo retomou en marzo a súa colaboración coa asociación 'Al agua sin limitaciones' para realizar unha sesión de mergullo adaptado na piscina municipal da súa cidade. Non se trataba da primeira vez que ADACE Lugo contou co apoio da entidade, coa que mesmo fixeron mergullo no mar.
Cinco persoas usuarias de ADACE pasaron a tarde do catro de marzo na auga grazas a esta actividade. A sesión comezou cunha pequena presentación teórica e unha procura dos produtos de apoio máis axeitados para as secuelas de cada unha delas: o tipo de aletas, o dispositivo para respirar baixo a auga, o guindastre para entrar na piscina, e a axuda necesaria unha vez practicando mergullo.
ADACE Lugo concibe esta actividade como de lecer, xa que as persoas con dano cerebral poden practicar o mergullo grazas ás adaptacións da entidade colaboradora. Porén, tamén é unha actividade deportiva de interese para o ton físico, e unha diversión que implica unha mellora da autoestima polo reforzo de saberse capaces de facela.