Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Renacer | 04/05/2022 | Un responsable da UD Ourense coa directora de Renacer

A asociación Renacer asina un acordo de colaboración coa Unión Deportiva Ourense

Este domingo as persoas usuarias da entidade van facer unha demostración de boccia no descanso do partido.

04/05/2022 | Ourense

A Unión Deportiva Ourense e a Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense, Renacer, reuníronse para pechar un acordo e asinar un convenio marco de colaboración para promover a práctica deportiva entre as persoas usuarias da entidade.

As dúas entidades consideran que é de interese común promover a cooperación e a participación para o fomento da práctica de actividades físicas e deportivas, procurando a aplicación do coñecemento e da sensibilización en beneficio do conxunto da sociedade.

Así, Renacer e a Unión Deportiva Ourense van identificar e desenvolver programas, proxectos e actividades conxuntamente. A primeira delas vai ser este domingo, cando as persoas usuarias da asociación van ir ao partido do equipo ourensán, e farán unha demostración de boccia durante o descanso.

A maioría de actividades van ter lugar xa na vindeira tempada.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense