Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ARASAAC | 25/01/2021 | FEGADACE incorporou unha administrativa e unha traballadora social

FEGADACE incorporou ao seu equipo unha traballadora social e unha administrativa

Contratacións realizadas grazas aos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia.

25/01/2021 | Galicia

A Federación Galega de Dano Cerebral incorporou ao seu equipo técnico dúas novas profesionais: unha traballadora social e unha administrativa. As dúas traballadoras iniciaron a súa andaina nos últimos días de 2020 e estarán en FEGADACE durante un ano.

Estas dúas contratacións prodúcense no marco dos 'Programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro para a promoción do emprego', que impulsa a Consellería de Emprego da Xunta de Galicia.

A traballadora social ocuparase de continuar desenvolvendo a área de información e colaborará nas tarefas de sensibilización e proxectos en xeral. A administrativa colaborará nos labores de xestión e apoio.

Arquivada en:
Transparencia > Financiadores
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)