Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sarela | 06/02/2019 | Cartel do punto de información de Sarela no CHUS

Sarela dispón dun punto de información e apoio a familias no hospital de Santiago

A asociación compostelá atende todos os mércores no 'Espazo asociativo do paciente' do CHUS.

06/02/2019 | Santiago

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela conta cun punto de información no hospital Clínico de Santiago. Sarela atende no CHUS todos os mércores de 15:30 a 17:30. O punto de información sitúase no 'Espazo asociativo do paciente', que está na planta baixa do centro hospitalario.

Este servizo forma parte do programa de información, orientación e apoio a familias da asociación compostelá. O obxectivo de situarse no hospital é estar máis preto das familias que comezan a súa andaina co dano cerebral, para complementar a información que lles dá o hospital.

A fase aguda é a o inicio do dano cerebral, cando a persoa está hospitalizada e cando a familia vive os seus peores momentos de incerteza e desorientación. Coa atención no hospital Sarela achégase un pouco máis ao contorno das persoas que están ingresadas por un ictus, un traumatismo, ou calquera outra das causas do DCA, tentando facilitarlles no posible tanto a información como o apoio necesario.

Hai máis información en www.sarela.org ou no 981 577 037.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > Familias e persoas coidadoras
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela