Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ARASAAC | 07/02/2022 | Pictograma do concepto "formación"

A Federación Galega de Dano Cerebral incorpora unha técnica de formación

Contratada grazas á subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta.

07/02/2022 | Santiago

FEGADACE incorporou nos últimos días de 2021 un novo perfil profesional ao seu equipo: unha técnica de formación. Esta traballadora encargarase de elaborar e impulsar o programa de formación da Federación, tanto interna como externa.

A contratación, dun ano de duración, foi realizada grazas á Subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia.

FEGADACE leva anos realizando accións de formación a nivel interno, para mellorar a capacitación dos seus equipos profesionais, e externo, para garantir un maior coñecemento específico do dano cerebral adquirido daqueles actores implicados e relacionados con esta discapacidade.

Ademais, en 2021 púxose en marcha a Escola Dano Cerebral online co curso 'Atención no fogar de persoas con dano cerebral adquirido'. Este ano a Escola desenvolverase con novas edicións dese curso e tamén con novos títulos.

Arquivada en:
Transparencia > Equipo técnico
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)