Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 18/04/2022 | O equipo de baloncesto de ADACE Lugo

As persoas usuarias de ADACE Lugo xogan ao baloncesto con Xuncas Diversia

Colaboran co club deportivo lucense acudindo a adestrar todos os martes pola mañá.

18/04/2022 | Lugo

Un grupo de persoas usuarias de ADACE Lugo acode todos os martes pola mañá á actividade de baloncesto grazas á colaboración da asociación de dano cerebral con Xuncas Diversia.

O grupo de ADACE Lugo aproveita esta iniciativa do club deportivo para practicar deporte pero tamén para desenvolver unha actividade lúdica. As persoas con dano cerebral adquirido melloran co baloncesto a súa mobilidade, e tamén a súa autoestima, ao comprobar como avanza a súa destreza a medida que adestran.

Esta actividade deportiva tamén serve para mellorar as relacións sociais e reducir a ansiedade e o estrés, sobre todo porque o equipo de ADACE Lugo divírtese moitísimo durante cada adestramento.
 
Información de ADACE Lugo.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)