Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 14/04/2023 | Mireia Conta o que é o DCA_Os Bolechas

FEGADACE e o Concello de Lalín organizan unha semana de actividades sobre o DCA

Actividades de sensibilización sobre dano cerebral, como a II Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando polo Dano Cerebral’ prevista o 02/07. 
 

14/04/2023 | Lalín

Na liña das accións de sensibilización, información e divulgación sobre o dano cerebral adquirido, FEGADACE xunto con Sarela, asociación federada de referencia para a Área Sanitaria de Santiago de Compostela, organizará en Lalín a Semana de Actividades de Sensibilización e Visibilización do Dano Cerebral Adquirido polo que entre o días 26 de xuño e 10 de xullo realizaranse  as seguintes actividades:
 
Carreira e Andaina Solidaria. Tratase dunha evento deportivo solidario para a promoción de hábitos saudables, que consta dunha carreira que acollerá categoría absoluta e categorías escolares, e unha andaina.
 
Exposición ‘Punto e Seguido, a vida despois do dano cerebral’, esta e unha mostra fotográfica e audiovisual que pretende acercar á cidadanía o traballo realizado polas entidades de dano cerebral de Galicia, así como a posibilidade de refacer os proxectos de vida das persoas e familias con dano cerebral, despois de que se produce o mesmo. Exporase nun espazo público do Concello para que todas as persoas interesadas en visitala podan achegarse.
 
Sesión informativa sobre o dano cerebral, facilitada polas profesionais da asociación Sarela que estará dirixida a toda a poboación, facendo especial atención ás persoas maiores de 50 anos.
 
Cinefórum “Visións sobre o Dano Cerebral Adquirido no Cinema” con edicións en 2019 e 2021 que nesta ocasión achegarase a áreas máis rurais. Realizarase unha sesión de cine na que se visualizará unha película que verse sobre o DCA cun posterior coloquio con profesionais especializadas.
 
Obradoiro ‘Os Bolechas’, realizarase para os nenos e nenas asistentes ao campamento organizado para rapaces de entre 3 e 6 anos na casa da Xuventude de Lalín, un obradoiro sobre o libro “Os Bolechas: Mireia conta que é o dano cerebral adquirido”.
 
As datas e localizacións e modalidades de inscrición iranse informando nas vindeiras semanas.
 
A programación destas actividades enmarcase no convenio de colaboración vixente entre FEGADACE e o Concello de Lalín e conta con financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)