Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | 26/09/2023 | Seminario impartido pola Universidad San Jorge no centro das Xubias.

ADACECO colabora no proxecto de investigación Party&Sed-Stroke

A iniciativa da Univ. San Jorge avalía o impacto do ictus na participación comunitaria e o grao de sedentarismo.

26/09/2023 | A Coruña

O centro de ADACECO de As Xubias acolleu un seminario sobre hábitos de vida saudables dirixido a profesionais e persoas que sufriran un ictus. O coloquio, coordinado por Cristina de Diego Alonso, integrante do grupo de investigación en ciencias da saúde MOTUS da Universidad San Jorge de Zaragoza, tivo como obxectivo compartir os resultados preliminares do proxecto Party&Sed-Stroke, centrado en avaliar o impacto do ictus na participación activa comunitaria das persoas.
 
A iniciativa, impulsada pola institución aragonesa, recompilou, durante un ano, diversos datos que permiten coñecer, desde unha perspectiva multifactorial, a influencia de factores individuais, sociodemográficos e clínicos sobre o grao de participación e o nivel de sedentarismo de sobreviventes dun accidente cerebrovascular en España.
 
En concreto, a información obtívose no período xaneiro 2022- xaneiro de 2023 a través do monitoreo de  persoas con dano cerebral crónico e capacidade para camiñar de forma independente, reclutadas coa colaboración de 15 centros de 8 comunidades autónomas, entre os que se atopa ADACECO.
 
Grazas aos resultados acados, aspírase a mellorar os tratamentos de rehabilitación que se ofrecen ás persoas que tiveron un ictus, xa que adoitan experimentar consecuencias funcionais, emocionais e sociais duradeiras que poderían contribuír a un comportamento sedentario e a restrinxir a súa participación.
 
*Información extraída da web de ADACECO.
 
 

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Subaguda: a rehabilitación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)