Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sarela | | Captura dun vídeo elaborado por Sarela

O dereito ao voto esténdese a todas as persoas con discapacidade

Publicada no BOE a reforma da Lei electoral que amplía o sufraxio activo e pasivo a toda a cidadanía.

12/12/2018

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou no seu número do 6 de decembro, coincidindo co día da Constitución española, a Lei Orgánica de modificación da Lei do Réxime Electoral Xeral que estende o dereito de sufraxio, activo e pasivo, a todas as persoas con discapacidade, sen excepcións.

A entrada en vigor desta reforma legal produciuse ao día seguinte ao da súa aparición no BOE.

Coa publicación de Lei Orgánica 2/2018, de 5 de decembro, para a modificación da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral para garantir o dereito de sufraxio de todas as persoas con discapacidade, culmina un proceso de proposta, incidencia política e presión social comezado fai uns anos polo movemento social español da discapacidade encarnado no CERMI, que logrou suprimir a anomalía democrática que supoñía que máis de 100.000 persoas estivesen privadas no noso país do dereito de voto por razóns asociadas á discapacidade.

Tras esta modificación legal, a ningunha persoa con discapacidade se lle poderá retirar no futuro o dereito de sufraxio, e quen estivese nesta situación á súa entrada en vigor recuperarao de modo automático, por mandato directo da Lei, sen ningún tipo de xestión ou trámite pola súa banda.

*Información publicada polo CERMI Estatal. Imaxe capturada dun vídeo de Sarela.

Arquivada en: