Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 11/02/2020 | Visita de ADACE ao Museo Universitario da Domus do Mitreo

As persoas usuarias de ADACE coñecen a súa cidade a través dos restos arqueolóxicos

A asociación lucense organiza, ademais, unha nova sesión do seu programa 'Escola DCA'.

11/02/2020 | Lugo

A Asociación de Dano Cerebral de Lugo, ADACE, desenvolve de forma mensual o seu programa de ocio para as persoas con DCA, que resulta fundamental para o seu benestar emocional, o desenvolvemento das relacións interpersoais e a súa inclusión na comunidade. O pasado xoves, 6 de febreiro, usuarios e usuarias do centro, acompañados de profesionais da entidade, realizaron unha visita ao Museo Universitario da Domus do Mitreo, na capital lucense.

A xornada comezou cun almorzo para coller forzas, antes de desprazarse ata o museo cun paseo polo casco vello e a Muralla lucense. Esta actividade permitiu ás persoas usuarias para coñecer de primeira man, e a través dunha visita guiada, diversos restos arqueolóxicos que amosan aspectos interesantes sobre a evolución da cidade de Lugo, tanto na época romana como en períodos posteriores.

Escola DCA

Por outra banda, o vindeiro luns 17 a asociación lucense desenvolve unha nova sesión da 'Escola DCA'. Esta sesión, impartida pola neuropsicóloga Elisa López, estará adicada ás 'Preguntas e Respostas sobre o DCA' e permitirá ás persoas asistentes resolver as súas dúbidas sobre esta discapacidade. A actividade está prevista para as 18h e está dirixida  ás persoas socias, familiares e persoas con dano cerebral adquirido.

Arquivada en:
A Federación > Que é FEGADACE
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)