Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 08/10/2021 | Charla sobre o dano cerebral en Ponteceso

Ponteceso acolle unha actividade informativa sobre o dano cerebral adquirido

Inscrición aberta no 981 715 442 para asistir á charla, ás 11:30 da mañá do 3 de novembro.

03/11/2021 - 03/11/2021 | Ponteceso

A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, vai impartir unha charla destinada a dar a coñecer que é o dano cerebral, cales son as súas principais causas, que mecanismos existen para a prevención e de que maneira organizamos o modelo de atención e rehabilitación. Diríxese tanto a persoas e familiares de persoas con dano cerebral como á poboación xeral; a calquera que queira saber mellor en que consiste e como se pode axudar a evitar o dano cerebral.
 
A charla vai ter lugar no edificio MELGA de Ponteceso a partir das 11:30. Para asistir é necesario inscribirse chamando ao 981 715 442.
 
Lugar de celebración:

Edificio MELGA
11:30 hh.

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)