Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 03/06/2021 | Exposición 'Punto e seguido' en Pontedeume

'Punto e seguido' poderá verse en Pontedeume do 21 ao 28 de xuño

A colección de fotografías mostra o día a día das persoas con dano cerebral.

21/06/2021 - 28/06/2021 | Pontedeume

A colección de fotografías 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' poderá verse no Centro Municipal de Maiores de Pontedeume do 21 ao 28 de xuño. A mostra, con imaxes do fotógrafo compostelán Aigi Boga, amosa como é o día a día das persoas con dano cerebral nas asociacións de FEGADACE.
Lugar de celebración:

Centro Municipal de Maiores
Pontedeume
 
Horario:
12:00-13:00 e 17:00-19:00
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)