Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 07/02/2019 | Saída de lecer

Renacer dará unha charla sobre manexo físico de persoas con dano cerebral

A fisioterapeuta e a terapeuta ocupacional da asociación falarán sobre acompañamento e transferencias.

21/02/2019 - 21/02/2019 | Ourense

O obxectivo desta actividade é instruír no manexo das persoas con dano cerebral para un bo acompañamento no centro ou nas saídas de lecer. Está destinada sobre todo a familiares, pero tamén a persoal técnico, voluntariado, ou calquera outro perfil interesado na temática.

O grupo será dun máximo de 12 persoas. Renacer prevé realizar dúas sesións no caso de que haxa máis persoas inscritas.

O programa consta dun apartado de consellos básicos de posicionamento, outro de adestramento en transferencias, pautas para o acompañamento nos desprazamentos, e prevención de caídas.

A inscrición pode tramitarse en renacerourense@hotmail.com ou nos teléfonos 988 22 50 56 ou 664 349 309.

Lugar de celebración:

Sala multifuncional de Aixiña
Rúa Recaredo Paz, 1
Ourense

Hora: 16:30 a 18:00

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense