Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Renacer | 16/03/2022 | Dúas usuarias do programa 'Revivir Ourense'

Renacer promove a participación comunitaria co obradoiro 'Revivir Ourense'

Un grupo de persoas con dano cerebral realiza saídas nas tardes dos venres co terapeuta ocupacional.

16/03/2022 | Ourense

'Revivir Ourense' é o nome do novo obradoiro da Asociación de Dano Cerebral Renacer. A súa finalidade é crear unha rede proactiva das persoas usuarias da entidade coa súa comunidade.

Renacer lanzou o proxecto este mes, e desenvólvese todos os venres pola tarde co acompañamento do terapeuta ocupacional, Omar Garza Corral. As persoas con dano cerebral participantes visitan diferentes barrios e espazos da cidade de Ourense, en función dos gustos e intereses do grupo.

O obxectivo principal é mellorar o exercicio das actividades instrumentais da vida diaria, fomentando a participación no lecer e a mobilidade na cidade. Ademais, as persoas con dano cerebral melloran a xestión da comunicación, o manexo de finanzas, potencian o mantemento da seguridade e a súa capacidade para responder a unha emerxencia ou imprevisto, e, como fin último, están a crear un grupo de apoio mutuo entre as persoas da entidade.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense