Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Aigi Boga | 19/02/2020 | Actividade realizada en Sarela

Sarela recibe o IX Premio Dereitos Humanos do Colexio de Avogados de Santiago

A organización colexial recoñece o seu traballo na defensa dos dereitos das persoas con DCA.

19/02/2020 | Santiago

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela, Sarela, vén de recibir o recoñecemento do  Colexio de Avogados de Santiago coa concesión do XI Premio Dereitos Humanos, un galardón que recoñece o traballo da entidade no seu traballo pola defensa dos dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias. A organización colexial fará entrega deste premio durante os actos de celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort, que se celebrará o vindeiro 28 de febreiro ás 19 horas na Sala Nobre de Fonseca.

 Neste mesmo acto, o Colexio entregará as medallas de ouro da entidade, tanto nas categorías de avogado como na de non avogado, ademais de entrega diplomas ás letradas e letrados que cumpren vintecinco anos de exercicio profesional e unha xura de novos profesionais da avogacía.

Este premio, que en anteriores ocasións foi concedido a entidades como Aspas ou Down Compostela, recoñece o traballo que Sarela leva realizando desde hai vinte anos para mellorar a calidade de vida das persoas con DCA, tanto coa defensa dos seus dereitos como cunha atención especializada.
 

 

 

 

Arquivada en:
A Federación > Que é FEGADACE
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela