Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 20/08/2020 | Fragmento do boletín da Actualidade do Dano Cerebral Adquirido

Suscríbete e recibe no teu correo o boletín coa Actualidade do Dano Cerebral Adquirido

Cada quince días terás acceso ás principais noticias de FEGADACE e as cinco asociacións galegas

20/08/2020

Desde o ano 2015 a FEGADACE, dentro da súa estratexia de comunicación, elabora de maneira quincenal un boletín de novas que inclúe as informacións máis destacadas sobre dano cerebral adquirido en Galicia, incluíndo novas sobre a propia federación e as cinco asociacións que a compoñen, ademais de eventos e os apartados máis interesantes da nosa web.
 
Recibir o boletín coa Actualidade do Dano Cerebral Adquirido é moi sinxelo. Para darse de alta só é preciso introducir o correo electrónico na seguinte ligazón. Así, cada quince días, terás acceso ao máis destacado sobre esta discapacidade en Galicia.
 
E se ademais queres acceder a algún dos boletíns enviados con anterioridade, podes acceder ao arquivo completo da #ActualidadeDCA

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)