Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | 16/03/2022 | Un usuario de ADACECO proba un dispositivo de realidade virtual

Visita de ADACECO ao Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña

Persoas usuarias da entidade estiveron no Demostrador Tecnolóxico probando dispositivos de realidade virtual.

16/03/2022 | A Coruña

O pasado 10 de Marzo, un grupo de persoas usuarias de ADACECO foi convidada ao Demostrador Tecnolóxico do Citic (o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as comunicacións da Universidade da Coruña). Durante a visita, tanto as persoas usuarias como as profesionais da asociación probaron diferentes desenvolvementos de Realidade Virtual, creados por investigadores do grupo Talionis-Citic.

As aplicacións seleccionadas permitiron ao grupo de persoas con dano cerebral adquirido ter un primeiro contacto coa experiencia de Realidade Virtual e traballar diferentes habilidades físicas e cognitivas.

Ademais, probaron unha tecnoloxía pouco estendida no ámbito comercial da Realidade Virtual: un dispositivo denominado  LEAP MOTION, que permite á persoa usuaria interactuar directamente coas mans, sen necesitade de mandos.

Información achegada por ADACECO.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)