Luns, 18/01/2021
Finaliza o estudo sobre saúde e calidade de vida das persoas coidadoras
FEGADACE puxo en marcha en 2020 o 'Estudo sobre saúde e calidade de vida das persoas coidadoras de persoas con dano cerebral', co obxectivo de coñecer o impacto que supoñen as tarefas de coidados sobre a súa saúde e calidade de vida, en clave de desigualdade de xénero. Participaron preto de 300 coidadoras. Nas vindeiras semanas presentaranse as conclusións.
Máis noticias:
Exención do copago farmacéutico ás menores de 18 anos con discapacidade
A medida, aprobada nos Orzamentos Xerais do Estado para 2021, afecta a case 8.000 persoas en Galicia.
Nomean a catro galegos coordinadores da Sociedad Española de Neurología (SEN)
A doutora Mar Castellanos, do CHUAC, vai coordinar o Grupo de Estudo de Enfermidades Cerebrovasculares.
'Temos postas moitas esperanzas na nova Dirección Xeral de Atención Sociosanitaria'
Entrevista a Luciano Fernández como presidente do CERMI Galicia no xornal cermi.es semanal.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
'Punto e seguido' visita Monforte de LemosDesde o 1 de febreiro a colección de fotografías poderá visitarse na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. Tamén continúa activa online. |
COVID-19Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |