Xoves, 23/12/2021
FEGADACE deséxache boas festas e un feliz aninovo!
A Federación Galega de Dano Cerebral adianta uns días o seu boletín quincenal para desexarche boas festas e un feliz aninovo. Agardamos que 2022 sexa un ano cheo de inclusión e de dereitos cumpridos para as persoas con dano cerebral e para as súas familias. Tamén vos desexamos unhas festas seguras e saudables, e achegamos algunhas recomendacións para evitar os contaxios por coronavirus e tamén os ictus e os accidentes de tráfico, que son as principais causas do dano cerebral.
Lembramos ademais que grazas a Wapsi podes colaborar con FEGADACE nas túas compras online de agasallos: non perdas a oportunidade de darlle un plus solidario aos teus obsequios!
Máis noticias:
Finaliza o primeiro curso da Escola Dano Cerebral online creada por FEGADACE
A Federación ten previsto repetir a formación, dirixida a persoal dos Servizos de Axuda no Fogar, en 2022.
Falamos sobre dano cerebral e mulleres coidadoras na Universidade da Coruña
RNE vai emitir en 2022 un informativo de radio doado de entender: 'Planeta fácil'
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
'Punto e seguido' onlineAo longo do ano a exposición 'Punto e seguido' amosou como é a vida con dano cerebral adquirido en concellos, casas da cultura, centros cívicos, hospitais... pero sempre se mantivo accesible na internet. Accede á colección de fotografías de Aigi Boga online. |
Necesidades do colectivoComo unha carta aos Magos, presentamos a lista de necesidades do colectivo de persoas e familias con dano cerebral: estratexia de atención, código diagnóstico, censo de persoas con dano cerebral e atención universal e inclusiva son as principais. |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |