Luns, 01/02/2021
Tres titoriais para saber como debe ser a hixiene oral da persoa con dano cerebral
A Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da Universidade de Santiago de Compostela e FEGADACE manteñen a súa colaboración polo benestar e a calidade de vida das persoas con dano cerebral. Desta vez fan pública unha serie de tres titoriais en vídeo (para a persoa independente, a persoa con dependencia moderada e a persoa en situación de dependencia severa) nos que achegan indicacións sobre como debe ser o coidado da hixiene oral das persoas con dano cerebral.
Máis noticias:
A Federación participa na Comisión da Muller do CERMI Galicia
As vindeiras actividades estarán centradas en visibilizar ás coidadoras con e sen discapacidade.
FEGADACE incorporou ao seu equipo unha traballadora social e unha administrativa
Contratacións realizadas grazas aos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia.
Alento entra a formar parte de In-Red, Patronal Galega de Discapacidade Intelectual
A entidade, fundada en decembro, presentou en xaneiro os seus obxectivos e Plan de Actividades para 2021.
Entran en vigor as novas medidas de restrición para o control da pandemia
Mobilidade restrinxida ao ámbito municipal e reunións prohibidas cando menos ata o 17 de febreiro.
O CERMI insta a acelerar o proceso de vacinación das persoas con discapacidade
A reclamación xorde da xuntanza do ente estatal cos comités autonómicos celebrada o 19 de xaneiro.
Queres coñecer mellor a vacina anticovid-19 e o plan para administrala en Galicia?
A Xunta anunciou que entre o 10 e o 12 de febreiro comezará a vacinación do persoal dos centros de día.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Adiada a exposición en Monforte de LemosAs novas restricións sanitarias obrigaron a suspender a exposición en Monforte. Mentres non se pode reprogramar, continúa activa online. |
COVID-19Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |