Luns, 02/08/2021
Obradoiros de hixiene oral para persoas con dano cerebral adquirido en Alento
A colaboración de FEGADACE coa Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da USC continúa este ano cunha serie de obradoiros de hixiene oral que se están a impartir nas asociacións. Os primeiros tiveron lugar na residencia e centro de atención diúrna de Alento, en Vigo. Ademais, tres profesionais da Unidade publicaron un artigo nunha revista especializada titulado Recomendacións para a abordaxe do/a paciente con dano cerebral no gabinete odontolóxico.
Máis noticias:
Inscrición aberta no Trail e andaina solidaria 'Camiñando polo dano cerebral'
Incluída na lista oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA), tamén permite colaborar co Dorsal 0.
As persoas con dano cerebral melloran a súa capacidade comunicativa con novos SAAC
A traballadora social de FEGADACE imparte unha charla para a Fundación Mujeres
Enmarcada no Servizo de Apoio Integral ás Coidadoras, co obxectivo de informalas sobre o dano cerebral.
Asistimos ao curso de verán da USC 'A familia no novo réxime da discapacidade'
O dano cerebral foi incluído na renovación do convenio de persoas lesionadas de tráfico
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Exposición no CHUS (Santiago)A exposición fotográfica 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' volve a Santiago. Desta vez poderá verse no hall do Hospital Clínico, sen restricións horarias, desde hoxe ata o día 31 de agosto. Tamén se pode seguir vendo online. |
COVID-19Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19, con información actualizada da evolución da normativa no referente á apertura e medidas a aplicar nos centros e residencias. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |